O comercio electrónico aumentou o 28,2% no último ano 2010

Data: 
02/08/2011

O comercio electrónico en España aumentou a súa facturación por oitavo trimestre consecutivo e alcanzou cifra de 2.055,4 millóns de euros, un 23,1% máis que no mesmo período de 2010. En total, durante o primeiro trimestre de 2011, contabilizáronse 30,2 millóns de transaccións, o que supón un crecemento interanual do 28,2%.

O montante económico xerado distribuíuse principalmente entre axencias de viaxes e operadores turísticos (12,4%) e o transporte aéreo (12,2%). Seguíronlles na clasificación de ramas de actividade con maior volume de negocio a mercadotecnia directa (6,3%), o transporte terrestre de viaxeiros (6,1%), os xogos de azar e apostas (4,9%) e os espectáculos artísticos, deportivos e recreativos (4,1%), mentres que as pezas de vestir afianzáronse na lista cun 3,5%.

Orixe e destino das operacións
A compra-venda de bens e servizos a través de Internet desde España para o estranxeiro facturou 925,56 millóns de euros, un incremento do 5,78% respecto ao mesmo período do ano anterior (cando facturara 874,97 millóns).

Por outra banda, o comercio electrónico dentro do Estado representou un 39,8% e alcanzou a cifra de 817,9 millóns de euros, un 14,4% máis respecto ao mesmo trimestre de 2011. No entanto, o crecemento máis significativo foi o das operacións realizadas desde o exterior con España, que acadaron un crecemento interanual do 77,3% e rexistraron de xaneiro a marzo 311,96 millóns. En total, o montante facturado en sitios web do conxunto do Estado -sumando as compras efectuadas desde España e as que proveñen do estranxeiro- ascendeu a 1.130 millóns ou o 55% do volume de negocio.

Por áreas xeográficas, a Unión Europea segue a ser o destino preferido para mercar pola Rede con 829,5 millóns de euros, mentres que Estados Unidos mantense como segunda opción cun 5,2% do importe total. En canto ás áreas que máis compras en liña fixeron en España, a Unión Europea rexistrou un 81,9% do total e América Latina un 4,7%.
Informe completo