Internet achega 23.400 millóns de euros ao PIB español

Data: 
26/09/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

 En 2009, o consumo privado asociado a Internet -comercio electrónico, banda larga e outros dispositivos- achegou 14.000 millóns de euros, e é a contribución ao PIB que máis vai medrar até 2015, cando se prevén 53.000 millóns.
Pola súa banda, o investimento privado en banda larga e equipamentos vinculados á Rede contribuíu con 8.400 millóns en 2009 e acadará os 15.000 millóns en 2015.
O gasto e investimento públicos relacionados con Internet achegaron 5.900 millóns e superarán os 7.000 en 2015, mentres que o maior volume de importacións que de exportacións asociadas á Rede resta 4.900 millóns do PIB.
En canto ao impacto indirecto de Internet na economía española, esténdese en diferentes sectores, de forma que máis de tres cuartas partes do PIB xérase en sectores nos que Internet se utiliza en procesos de compra, marketing ou venda final.
Así mesmo, o comercio electrónico entre empresas tivo unhas vendas por valor de 157.000 millóns de euros, e os consumidores gastaron 38.000 millóns en produtos sobre os que se informaron previamente por Internet antes de realizar a compra física.
Ademais, a publicidade en liña obtivo 654 millóns, representando así o 11,6% da publicidade total nos medios de comunicación.
Segundo o informe, o futuro pasa por aproveitar o potencial de Internet a través das pemes, que achegan máis do 65% do PIB español e máis do 75% do emprego privado.
O informe propón que as empresas de menos de dez empregados utilicen a Rede como canle para vender e tamén aposten por ter páxina web, xa que segundo os estudos de mercado da consultora Boston Consulting Group (BCG), un 67% das pemes españolas que incorporan Internet á súa actividade experimentan melloras de produtividade.
'España Conecta: Transformación da economía española a través de Internet'