Informe sobre os hábitos dixitais dos médicos españois

Data: 
20/09/2013

A “Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG)” e iDoctus, veñen de publicar  un informe en base a unha enquisa, realizada o pasado mes de abril, entre case 500 médicos xerais e de familia para recoller os seus hábitos dixitais. Trátase dunha análise que ten como obxectivo coñecer o grado de uso que fan estes profesionais de Internet e as aplicacións móbiles á hora de acceder a temas médicos, así como valorar tanto o nivel de uso e satisfacción das diferentes ferramentas dispoñibles en España e o impacto que teñen na práctica clínica diaria: aforro de tempo, seguridade na prescripción, etc.
Segundo o informe, o 89% utiliza un smartphone e o 59% tablets, unhas porcentaxes semellantes ás dos Estados Unidos onde o 85% dos profesionais médicos utiliza un smartphone na súa práctica clínica diaria e o 62% usa tablets.
Respecto do uso multiplataforma, máis do 40% dos médicos españois fan uso de 3 plataformas para o acceso á información, fronte a só o 28% en Estados Unidos. Se consideramos 2 plataformas, o valor chega en España ao 90%.
Por outro lado, o 20% dos profesionais que participaron na enquisa recoñeceron que están valorando a idea de comprar un dispositivo deste tipo nos próximos 12 meses.
En canto ás fontes de información, a principal é Google (97%), seguida de iDoctus (85%) e Fisterra (73%) e polo que se refire ao uso das aplicacións de saúde (apps), os médicos recoñecen certas reticencias a usalas diante dos pacientes así como a recomendarllas.
Acceso ao informe