Incrementa un 13,6% o volume de facturación anual a través do comercio electrónico

Data: 
06/06/2013

A CMT informa que no ano 2012 o comercio electrónico acadou unha facturación de 10.455 millóns de euros en España, un 13,6% superior á rexistrada no ano 2011 (con 9.201 millóns de euros). Así mesmo, realizáronse 151,6 millóns de compras a través de Internet mediante tarxeta de crédito ou débito, o que supuxo un incremento do 15,7% en relación ao ano anterior.
Por sectores de actividade, as axencias de viaxe e o transporte aéreo superan o 25% da facturación anual do comercio electrónico. O volume de transaccións para a compra de libros, música, periódicos e papelería acadou o 11,7% do total no cuarto trimestre de 2012, rexistrando un crecemento progresivo en relación a exercicios anteriores.
A CMT recoñece que a balanza comercial española resultou negativa no último trimestre de 2012, debido fundamentalmente á caída na facturación de compras realizadas dende o exterior no conxunto do Estado.
Pode consultarse o informe da CMT na seguinte ligazón:
http://www.cmt.es/c/document_library/get_file?uuid=04ded1c6-b088-44d4-943f-ec94e88d78c6&groupId=10138