A idade e o nivel de renda dous dos factores culpables da fenda dixital en España

Data: 
11/03/2015

 

 

 

 

Número de internautas, frecuencia de uso e actividades de Internet

O número de persoas de 10 anos ou máis que accederon a Internet nalgunha ocasión supera os 29,5 millones en el año 2014, un 5,7%  máis que hai 2 anos. Ademais se miramos cara a algúns dos tramos do tempo do ultimo uso de Internet, temos que o tramo dos últimos 3 meses medrou un 7,6% mentras que o tramo dos que hai máis dun ano diminuiu un 16,6%.

Máis de 20,6 millóns de persoas de 16 a 74 años, o 78,7% do total, conectanse a Internet todos los días, dato que aumenta un 10,8 % no último ano. Pola contra, hai case 7,4 millóns de persoas que non se conectaron nunca a Internet, un 21% do total de poboación do tramo de idade sinalado.

 

 

Uso de Internet por características sociodemográficas

O estudo tamén examina a conexión a Internet relacionandoa con varias variables demográficas. A  primeira, o xénero, mostrando unha maior porcentaxe de homes que mulleres que se conectan a Internet nalgunha ocasión. No tramo de maior actuividade, os que se conectan cando menos unha vez a a semana, a diferenza chega a 4,4 puntos porcentuais.

No referente a idade, en calquera das frecuencias de uso, os máis xóvenes, os de 16 a 24 anos son os que máis se conectan e a porcentaxe vai diminuíndo ata os tramos de idiade de 65 a 75 anos, que son os que menos se conectan.

Por situación laboral, os que máis se conectan son os estudantes e so que menos os pensionistas e persoas que realizan as labores do fogar. Atendendo ao nivel de studos, os universitarios son os que máis o fan e os que menos os que só teñen estudos primarios.

Por tamaño do habitat, os valores máis altos son os das cidades de máis de 500.000 habitantes e os máis baixos danse nos concellos de menos de 10.000 habitantes. No referido aos niveis de renda as maiores porcentaxes de frecuencia de conexión danse nas rendas maiores de 3.000 euros e os menores nas de menos de 900 euros.

Usos de Internet

 

 

Nove de cada dez internautas que se conectan diariamente á rede, buscan información sobre bens e servizos e máis da metade colgan contidos propios para compartir con outros usuarios. Ademais o 60,1 % utiliza servizos relacionados con viaxes e aloxament.

O estudo, tamén analiza os servizos na nube. O 30,9% das persoas que se conectaron a internet nos últimos 3 meses, dispón de espazo na nube para almacenar documentos e o 26% faino para compartir información. Entre os que nos fan uso dos servizos na rede, hai que destacar que o 70% non o fai porque dispon de dispositivos propios  para gardar os arquivos, mais tamén aprecen a falta de coñecementos, motivos de seguridade ou intimidade, así como falta de fiabilidade nos proveedores.