España sitúase na segunda posición no ranking RISP de ePSI Platform

Data: 
03/05/2013

A Plataforma ePSI para a reutilización da información achega o ranking de países da Comisión Europea en función do nivel de reutilización da información do sector público (RISP).
Esta clasificación, en versión beta, establécese en base a unha serie de indicadores dirixidos a medir o impacto das políticas e as prácticas desenvolvidas polas administracións públicas nesta materia. Ademais do resultado acadado nos indicadores Open Data e RISP, destaca a puntuación obtida polo conxunto do Estado nos apartados referidos á transposición da Directiva 2003/98/CE no marco xurídico estatal, así como nos aspectos relativos á disposición de conxuntos de datos en formatos abertos e estruturados en catálogos estatais, rexionais e locais, asociados sempre a comunidades de práctica.
Os resultados deste ranking europeo coinciden no tempo coa revisión da Directiva 2003/98/CE, acorde coa evolución tecnolóxica rexistrada nesta última década e co valor económico e social da publicación de datos abertos, co obxectivo de lograr unha maior transparencia na xestión e no uso da información das administracións públicas:
http://administracionelectronica.gob.es/recursos/pae_000024116.pdf
Pódese consultar e participar na elaboración do ranking na seguinte ligazón:
http://epsiplatform.eu/content/european-psi-scoreboard