enerTIC publica unha guía de solucións tecnolóxicas para a mellora da eficiencia enerxética

Data: 
17/01/2013

A plataforma de empresas TIC para a mellora da eficiencia enerxética (enerTIC), achega unha listaxe de empresas asociadas que ofrecen solucións en diferentes áreas tecnolóxicas, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética no conxunto do Estado, en favor dunha economía máis competitiva e sostible acorde cos obxectivos da estratexia europea Energy 2020 no marco da Axenda Dixital para Europa.

Os provedores de solucións tecnolóxicas facilitados por enerTIC distribúense en varias áreas de actividade, entre as que destacan as orientadas ás persoas (teletraballo, xestión, consultoría, formación e certificacións), ás infraestruturas TIC, aos espazos e edificios, así como aos sectores clave relacionados coa loxística e a enerxía.

Pode consultarse a guía na seguinte ligazón