A competencia entre operadores incrementa a portabilidade da telefonía móbil

Data: 
26/03/2013

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) publica a nota mensual correspondente ao mes de xaneiro de 2013. Entre as principais novidades destaca o incremento interanual da portabilidade móbil nun 17,4%, acadando os 633.616 intercambios de compañía móbil e 185.491 de telefonía fixa.

Redúcese o volume de liñas móbiles e fixas, que contrasta co aumento na contración da banda larga no mes de xaneiro. A telefonía móbil perdeu 246.973 liñas e a fixa 40.169, mentres que a banda larga incrementou 60.393 liñas e mantivo a tendencia positiva que rexistra este segmento de mercado durante os últimos meses.

A contratación de banda larga acada os 11,62 millóns de liñas no conxunto do Estado, cun crecemento interanual do 3,9% que beneficia principalmente  aos operadores alternativos ás grandes compañías de telecomunicacións. O nivel de penetración sitúase no 25,2% e incrementa 1 punto porcentual en relación ao mes de xaneiro de 2012.

Pode consultarse a nota mensual da CMT na seguinte ligazón