A Comisión Europea realiza un test sobre accesibilidade web

Data: 
07/11/2013

O informe titulado “Study on assessing and promoting e-accessibility” analiza os indicadores de accesibilidade na web, a telefonía móbil e a televisión dos estados membros.
O resultado dos test de accesibilidade web en nove servizos públicos sitúa a España nos primeiros postos, con máis de 2 puntos por riba da media europea.
 

 Gráfica: Resultado dos 10 test realizados na web dos servizos públicos. Fonte: Comisión Europea.
 
A Comisión tamén destaca as obrigas establecidas polo goberno do Estado en materia de accesibilidade nas páxinas comerciais públicas e privadas, tales como bancos, compañías de seguros, transporte público e privado, axencias de viaxe, provedores de gas e electricidade, onde se realizou un importante esforzo de mellora nos últimos anos.
Así mesmo, faise referencia á participación de España no proxecto REACH112 e achéganse listaxes da lexislación aplicable nos países da Unión Europea en materia de e-accesibilidade e uso das TIC por parte das persoas con discapacidade.