A Comisión Europea establece as prioridades dixitais para o ano 2013

Data: 
24/01/2013

As novas prioridades establecidas pola Comisión Europea para este ano destacan a necesidade de investimento en sectores estratéxicos relacionados coas redes europeas dixitais, enerxéticas e loxísticas ilustradas no seguinte vídeo

No tocante ao desenvolvemento da Axenda Dixital para Europa destacan as seguintes iniciativas:

1. Crear un marco regulador de banda larga novo e estable. 
2. Desenvolver infraestruturas públicas de servizos dixitais a través dos préstamos do Mecanismo “Conectar Europa”.
3. Establecer unha gran coalición sobre as competencias dixitais e o emprego.
4. Elaborar unha estratexia e unha Directiva da Unión Europea sobre ciberseguridade.
5. Actualizar o marco da Unión Europea en materia de dereitos de autor.
6. Promover a computación na nube “cloud computing” mediante o poder de compra do sector público.
7. Desenvolver unha nova estratexia industrial para a electrónica.

Pode consultarse a listaxe de tarefas pendentes na seguinte ligazón