A cobertura de banda larga medra en Galicia, chegando a 250.000 persoas máis no ano 2010

Data: 
03/01/2011

Ademais, segundo a Xunta, no 2010 conseguiuse posibilitar o acceso de calidade a Internet á maior parte dos puntos de demanda estratéxica para a administración (centros educativos, centros de saúde, farmacias, xulgados de paz, etc.) sen banda larga. O despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.O Plan, que se presentou o pasado mes de febreiro, contempla cinco actuacións das que xa se puxeron en marcha catro: a implantación de redes fixas, sen fíos, de nova xeración (con velocidades de 100Mbsp), e a potenciación do operador público Retegal que está a poñer a disposición dos resto das operadoras a súa infraestrutura. Para levar a cabo as actuacións en marcha até a data, a Xunta de Galicia está a investir 70 millóns de euros cos que está a mobilizar un orzamento total de 200 millóns de euros entre capital público e privado.Redes sen fíos para as zonas con máis dificultades de acceso O despregamento de redes sen fíos comezou polas zonas con máis dificultades de acceso, núcleos rurais do sur da provincia de Lugo e a súa contorna. Para iso, a Xunta concedeu o pasado mes de setembro unha orde de subvención ao operador Iberbanda por valor de 600.000 euros que xerará un investimento total de case 2 millóns de euros.Con este orzamento Iberbanda achegou no 2010 o acceso á banda larga de calidade a máis de 34.000 habitantes de máis de 2.000 núcleos de poboación do sur de Lugo e a súa contorna que non contaban con cobertura. O servizo que proporciona Iberbanda nesta zona ten unha velocidade mínima de 2 Mbps.Colaboración coas DeputaciónsCo apoio da infraestrutura de Retegal, a Xunta está a levar a cabo os despregamentos de redes de acceso sen fíos conxuntamente coa Deputación de Pontevedra e coa Deputación de Ourense.A través do proxecto conxunto coa Deputación de Pontevedra, estase a ofrecer cobertura a máis de 140.000 habitantes en zonas que carecían de cobertura, case 120.000 xa no ano 2010 e perto de 25.000 no primeiro semestre do ano 2011.Por outra banda, como resultado do proxecto de despregamento levado a cabo conxuntamente coa Deputación de Ourense, case 75.000 habitantes, que non contaban con cobertura, disporán de posibilidade de acceso ao servizo antes do remate do primeiro semestre do ano 2011. A día de hoxe xa dispoñen de cobertura de servizo en comercialización case 62.000 habitantes.Extensión de redes fixasA Xunta de Galicia concedeu o pasado mes de setembro unha orde de subvención de case 6 millóns de euros a Telefónica para o despregamento de redes fixas de alta velocidade que garantan a capacidade de acceso a Internet de banda larga nos núcleos sen cobertura con maior demanda de servizo.Con esta actuación, que xerará un investimento total de perto de 29 millóns, posibilitouse que no remate do 2010 perto de 37.000 persoas dun total de 151 núcleos, que carecían de cobertura dispoñan da posibilidade de acceso a un servizo de banda larga de calidade cunha velocidade mínima de 6 Mbps.Velocidades de 100 MegasA Xunta de Galicia concedeu o pasado mes de setembro unha orde de subvención ao operador R Cable e Telecomunicacións de Galicia S.A por valor de 28 millóns de euros para o despregamento de redes de nova xeración nos núcleos de máis de 500 habitantes que, dispoñendo de cobertura de banda larga, presenten unha alta demanda de servizo, excluíndo os principais núcleos de poboación das sete grandes cidades.Deste xeito, con esta achega que conseguirá un investimento global de case 130 millóns posibilitouse xa no ano 2010 o acceso a redes con velocidade de 100Mbps, a arredor de 55.000 habitantes de 26 núcleos de poboación.Potenciación do operador público Retegal Outra das actuacións do Plan é o reforzo da rede de telecomunicacións do operador público Retegal o que permitirá, segundo a Xunta, acelerar e optimizar o despregamento da banda larga no rural mediante o aproveitamento das infraestruturas públicas. Así, Retegal contará con máis de 350 emprazamentos e xa no 2011 con máis 1.855 Km de fibra óptica postos ao dispor do resto de operadoras que permitirán axilizar e maximizar os resultados dos proxectos de extensión de redes sen fíos.