CENTAC presenta un informe sobre o mercado e as oportunidades de negocio das TIC accesibles

Data: 
14/02/2013

O estudo publicado polo Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) defende a potencialidade do mercado TIC accesible, coa finalidade de asesorar ás empresas que desexen investir na prestación de servizos e produtos TIC  na procura do crecemento económico e dunha maior autonomía das persoas con discapacidade, das persoas maiores e dos seus familiares ou coidadores.

CENTAC informa que no conxunto do Estado existen aproximadamente 4 millóns de persoas con algún tipo de discapacidade. Actualmente, o 17,4% da poboación española é maior de 65 anos e estímase que no ano 2050 esta cifra acade o 35%. Por tramos de idade, a discapacidade media varía dende o 44% das persoas entre 65 e 74 anos ata o 70% das maiores de 80 anos.

As recomendacións achegadas neste estudo teñen como obxectivo facilitar o desenvolvemento de estratexias de negocio óptimas e de calidade que permitan incrementar o mercado TIC accesible e mellorar a calidade de vida das persoas.

Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón.