A banda larga móbil consolídase como elemento dinamizador do sector das telecomunicacións

Data: 
08/07/2013

Os datos do “Informe Económico e Sectorial 2012”, publicado pola Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones (CMT), confirman que o incremento na facturación dos servizos de banda larga móbil non permitiu compensar as fortes caídas de ingresos no resto de servizos do sector no conxunto do Estado.
A competencia, a portabilidade, a caída do consumo e os prezos á baixa condicionaron a evolución dos ingresos do sector no último ano. O descenso máis destacado na facturación identificouse nos servizos de voz e SMS da telefonía móbil que, cun 15,9% menos, duplicou  a caída rexistrada no ano 2011. Tamén retrocedeu a facturación en telefonía fixa, un 10,7%; e a banda larga fixa, un 4,6%.
A CMT advertía desta tendencia regresiva en determinados servizos de telecomunicacións a través das notas mensuais do ano 2012, que agora recolle neste informe anual:
http://informecmt.cmt.es/