Aprobada a Axenda Dixital para España

Data: 
22/02/2013

O Consello de Ministros aprobou unha Axenda Dixital acorde cos obxectivos europeos para o desenvolvemento da economía e a sociedade dixital no conxunto do Estado, coa finalidade de fomentar o crecemento económico e a xeración de emprego.

A Axenda contén 106 liñas de actuación estruturadas en 6 grandes obxectivos:

1. Fomentar o despregamento de redes ultrarrápidas de banda larga.
2. Desenvolver a economía dixital.
3. Mellorar a administración electrónica e os servizos públicos dixitais.
4. Reforzar a confianza no ámbito dixital.
5. Impulsar a I+D+i nas industrias do futuro.
6.Apoiar a inclusión dixital e a formación de novos profesionais TIC.

O calendario e os indicadores de seguimento axústanse aos establecidos na Axenda Dixital para Europa, que de cara ao ano 2015 prioriza os aspectos relacionados coa inclusión nas TIC, a velocidade de conexión a Internet, o comercio e a administración electrónica, para o que desenvolve 9 plans de actuación que poden consultarse no seguinte resumo executivo.