Buscador

O comercio electrónico en España acadou un volume de facturación de 2.822,6 millóns de euros nos primeiros tres meses do ano 2013, o que supón un incremento do 15,1% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior.
Este incremento é inferior ao rexistrado no mesmo período do ano 2012 (19,3%), 2011 (23,1%) e 2010 (34,8%). A seguinte gráfica mostra unha desaceleración do crecemento interanual pero seguen a lograrse máximos históricos no volume total de facturación.
 

 

Tipo de contido: Novas

A Fundación Telefónica publica o informe “TIC e saúde persoal”, que conta coa colaboración dun grupo de expertos en diferentes ámbitos da e-Saúde en España.
O informe recolle as achegas realizadas no ámbito do sistema público e privado de saúde, o emprendemento, a informática, a medicina, a regulación, a comercialización de servizos de saúde, tendencias e novos produtos dispoñibles no mercado.

Tipo de contido: Novas

A “Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG)” e iDoctus, veñen de publicar  un informe en base a unha enquisa, realizada o pasado mes de abril, entre case 500 médicos xerais e de familia para recoller os seus hábitos dixitais.

Tipo de contido: Novas

A fenda dixital e a evolución da banda larga móbil centran os novos estudos da Broadband Commission for Digital Development, posta en marcha pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e a UNESCO.

Tipo de contido: Novas

O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou en xuño de 2013 a cifra de 2.029, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao ano 2012. Isto sitúa a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas tecnolóxicas, subindo un posto respecto no ranking estatal respecto ao ano anterior e superando o ritmo de crecemento do número de empresas TIC a nivel estatal (1,9%).

Tipo de contido: Novas

O V Estudo Anual IAB Spain Mobile Marketing recolle a evolución dos indicadores sobre equipamento tecnolóxico e conectividade a través de dispositivos móbiles.
A Interactive Advertasing Bureau (IAB) informa do incremento na descarga de aplicacións (Apps) para dispositivos móbiles smarphone e Tablets no ano 2013.

Tipo de contido: Novas

A CMT informa dun incremento na competencia entre operadores de telefonía móbil, o que permitiu acadar o rexistro máis alto de portabilidades no que vai de ano.
No mes de xullo contabilizáronse 638.948 intercambios de compañía, o que supón un 47,9% máis que en xullo de 2012.
 
O número de liñas móbiles creceu por terceiro mes consecutivo, con 169.856 novas altas, concentradas unicamente nos contratos de postpago.
Pode consultarse a nota mensual na seguinte ligazón:

Tipo de contido: Novas

A conexión móbil de banda larga está experimentando un significativo crecemento entre a cidadanía galega. O 30,5% dos fogares galegos con acceso a Internet contratada dispón de conexión móbil de banda larga a través dun dispositivo móbil e un 12,5% vía módem USB ou tarxeta.
Son datos recollidos no informe temático “Internet e Banda Larga nos fogares galegos”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Tipo de contido: Novas

O estudo titulado “Woman active in the ICT sector” reivindica unha maior presenza das mulleres no sector TIC a nivel europeo.
A potencialidade económica da incorporación das mulleres ao mercado laboral das TIC e aos postos directivos podería supor un incremento do PIB europeo duns 9.000 millóns de euros anuais, segundo estimacións da Comisión Europea.

Tipo de contido: Novas

O informe anual de medición da Sociedade da Información “MIS REPORT 2013” achega novos datos sobre o dinamismo, o prezo e as tendencias no mercado estatal das TIC.
O Índice de Desenvolvemento das TIC (IDT) incrementou tres décimas no período 2011 – 2012 no conxunto do Estado, pasando dos 6,65 aos 6,89 puntos, mantendo así a posición número 27 do ranking internacional elaborado pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT).

Tipo de contido: Novas