Buscador

Segundo o compromiso de información expresados na elaboración da Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, no documento anexo preséntase  o informe anual de actividades relacionadas coas distintas liñas estratéxicas que a compoñen, así como datos de indicadores de avance da sociedade de información en Galicia, dos orzamentos investidos, etc. En resumo, un documento onde atopar toda a actividade da Xunta de Galicia no ano 2012 en relación co desenvolvemento da Axenda Dixital, os seus plans e programas, así como dos resultados acadados.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Centro Nacional de Tecnologías de la Accesibilidad (CENTAC) presenta o informe titulado “Eficiencia e aforro coa aplicación das tecnoloxías accesibles nas Administracións Públicas” coa finalidade de mostrar os beneficios do investimento nas TIC accesibles en diferentes ámbitos da xestión pública.

Tipo de contido: Novas

A representatividade das mulleres nas áreas de dirección das empresas galegas sitúase por debaixo do 30% e concentran a súa actividade maioritariamente en actividades administrativas, tamén no caso das empresas tecnolóxicas. É unha das principais conclusións do primeiro informe “A incorporación das Mulleres Tecnólogas ao mercado laboral en Galicia. As Mulleres na Sociedade da Información”.

Tipo de contido: Novas

A plataforma de empresas TIC para a mellora da eficiencia enerxética (enerTIC), publica unha listaxe de empresas asociadas que ofrecen solucións en diferentes áreas tecnolóxicas, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética no conxunto do Estado, en favor dunha economía máis competitiva e sostible acorde cos obxectivos da estratexia europea Energy 2020 no marco da Axenda Dixital para Europa.

Tipo de contido: Novas

A CMT informa que no ano 2012 o comercio electrónico acadou unha facturación de 10.455 millóns de euros en España, un 13,6% superior á rexistrada no ano 2011 (con 9.201 millóns de euros). Así mesmo, realizáronse 151,6 millóns de compras a través de Internet mediante tarxeta de crédito ou débito, o que supuxo un incremento do 15,7% en relación ao ano anterior.

Tipo de contido: Novas

O tipo de hábitat inflúe de xeito determinante na contratación de internet nos fogares galegos que medra na mesma proporción que o fai o número de habitantes dos concellos ata acadar un 66.9% nos municipios de máis de 50.000 habitantes nos 7 concellos con maior poboación de Galicia a contratación de internet supera amplamente a media galega. Son conclusións do estudo sobre o uso das tecnoloxías de información e comunicación de Galicia, publicado polo OSIMGA.

Para ver o informe completo
 

Tipo de contido: Novas

SAGE publica os resultados dunha enquisa realizada a empresas e autónomos sobre o uso das TIC a nivel estatal no ano 2012.
A “Radiografía Pymes y Autónomos 2013” destaca as vantaxes da incorporación das TIC para as empresas e os autónomos, tanto na xestión interna como nas relacións cos clientes e provedores.

Tipo de contido: Novas

A CMT publica o informe sobre o consumo e gastos dos fogares nos servizos de comunicacións electrónicas, correspondente ao segundo semestre de 2012.
En consonancia co informe presentado recentemente polo OSIMGA, titulado “A Sociedade da Información nos fogares galegos”, confírmase que a idade e o tipo de hábitat tamén condicionan o nivel de penetración dos servizos de comunicación electrónicas nos fogares no ámbito estatal.

Tipo de contido: Novas

O ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións en Internet, informaba o pasado venres da aprobación da candidatura do dominio “.gal”, un logro histórico para Galicia, que contará cun espazo propio na rede, favorecendo a divulgación da lingua e a cultura galegas.

Tipo de contido: Novas