Buscador

Os estudos publicados por AMETIC, FTI e ONTSI neste mes de febreiro de 2013 concordan coa necesidade de potenciar o sector dos contidos e os servizos dixitais como novo modelo de negocio para o fomento da xeración de emprego.

Tipo de contido: Novas

iRedes achega unha versión actualizada do Mapa das Redes Sociais, coincidindo co III Congreso Iberoamericano de Redes Sociais organizado esta semana na cidade de Burgos.

O mapa ofrece información de utilidade sobre o volume de usuarios e a potencialidade das redes sociais, clasificadas segundo as características do servizo ofrecido aos usuarios: redes xerais, temáticas, radio e música, vídeo e fotos, citas e chats.

Tipo de contido: Novas

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora do 8 de marzo o OSIMGA achega os datos referidos á fenda de xénero nas empresas TIC de Galicia do ano 2012 e as propostas de actuación realizadas no marco da Axenda Dixital 2014.gal
As mulleres nas empresas do sector TIC
En termos xerais, identifícase unha baixa representatividade do colectivo feminino nas áreas de dirección das empresas galegas, onde as mulleres desenvolven principalmente funcións administrativas.

Tipo de contido: Novas

A duodécima edición do Ranking Web de Universidades e Repositorios (Ranking Webometrics), elaborado polo Laboratorio de Cibermetría do CSIC, mide o impacto dos medios dixitais de 21.250 centros de ensino superior de todo o mundo.

Tipo de contido: Novas

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe) publica o "Balance económico da industria dos videoxogos 2012", no que achega os datos correspondente ao consumo anual de videoxogos no conxunto do Estado.

Tipo de contido: Novas

O catálogo ModaTIC.gal inclúe unha análise dos resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nas empresas galegas dedicadas ás actividades industriais, correspondentes ao grupo dos CNAE 10 a 18 onde está situado o sector téxtil. Os datos facilitados permiten identificar as principais variables correspondentes ao equipamento electrónico nas empresas, as ferramentas informáticas, a dispoñibilidade de Internet, a existencia de páxina web propia e as operacións de comercio electrónico realizadas polas empresas en Galicia.

Tipo de contido: Novas

O compromiso adquirido no Día Internacional da Muller Traballadora do 8 de marzo para reducir a fenda dixital de xénero xustifican a publicación deste primeiro informe específico titulado "As mulleres na Sociedade da Información".

Tipo de contido: Novas

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) publica a nota mensual correspondente ao mes de xaneiro de 2013. Entre as principais novidades destaca o incremento interanual da portabilidade móbil nun 17,4%, acadando os 633.616 intercambios de compañía móbil e 185.491 de telefonía fixa.

Tipo de contido: Novas

O informe sobre a “Situación do emprego no sector TIC e no sector da economía do coñecemento en Galicia”, elaborado polo OSIMGA, achega os datos do IGE procedentes dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social do ano 2012.

Tipo de contido: Novas

A Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) presentou a 15ª edición da enquisa "Navegantes en la Red", realizada a máis de 30.000 usuarios de Internet no conxunto do Estado.

Tipo de contido: Novas