Buscador

Eurostat publica o balance do ano 2013 sobre o uso de Internet e da administración electrónica na Unión Europea.
Un 44% dos usuarios españois utilizaron Internet como medio de comunicación coas administracións públicas durante o ano 2013, o que supón 3 puntos porcentuais máis que a media da Unión Europea, situada no 41%.
 
  

Tipo de contido: Novas

O Instituto da Muller presenta o estudo “Formación profesional das mulleres e novos xacementos de emprego”, coa finalidade de analizar a ocupación do colectivo feminino en seis sectores económicos con potencial de crecemento no conxunto do Estado.
Esta entidade pública, dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, destaca o sector TIC como elemento estratéxico de emprego cara un novo modelo produtivo baseado na economía do coñecemento.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) deséxavos felices festas e un próspero aninovo.
Grazas pola vosa confianza
www.osimga.org
 

Tipo de contido: Novas

En outubro do ano 2013 a Comisión Europea lanzaba unha enquisa en liña sobre o “crowdfunding” ou “financiamento colectivo”, coa intención de valorar as consecuencias económicas dun movemento global emerxente.
No camiño cara un mercado único europeo, considérase que as iniciativas e plataformas de financiamento colectivo en Internet poden repercutir dun xeito positivo no lanzamento de startups, facilitar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras e estimular o emprendemento.

Tipo de contido: Novas

Social-Buy.com presenta un novo barómetro de Social Commerce, que analiza o nivel de utilización do comercio electrónico baseado en redes sociais por parte das empresas no conxunto do Estado.
A finais do ano 2013 estimouse que 1 de cada 5 empresas consultadas vendeu algún produto ou servizo a través das redes sociais (18%), o dobre que no ano 2011 (9,5%) e catro puntos máis que no ano 2012 (14%).
 
 
 

Máis información en https://www.social-buy.com/blog/
 
 

Tipo de contido: Novas

A análise realizada por Eurostat achega unha actualización dos indicadores sobre o emprego en alta tecnoloxía a escala rexional NUTS2.
No ano 2012, o sector da alta tecnoloxía, supuxo un 2,2% do emprego total do conxunto de sectores de actividade económica, fronte ao 1,7% do ano 2008.
Dende o ano 2009 este indicador mantense nos mesmos valores, entre o 2% e o 2,2%, pero segue situado 1,3 puntos porcentuais por debaixo da media estatal (3,5% en 2012) e 1,7 puntos por debaixo da media da Unión Europea (3,9% en 2012).
 

Tipo de contido: Novas

A Fundación Telefónica publica unha nova edición do informe sobre a “Sociedade da Información en España 2013” (SIE2013), onde achega as principais tendencias e os indicadores relacionados coa conectividade a Internet, a utilización da tecnoloxía móbil, o comercio e a administración electrónica por parte dos consumidores e das empresas no conxunto do Estado e nas Comunidades Autónomas.
Entre os datos máis destacados figura que un 65% dos galegos e galegas que utilizaron Internet nos últimos tres meses participaron en redes sociais e un 45% utilizou a banca electrónica.

Tipo de contido: Novas

Deloitte publica un informe sobre as previsións comerciais e as novas tendencias en tecnoloxía, multimedia e telecomunicacións (TMT) para o ano 2014.
Entre os elementos tecnolóxicos punteiros destacan os denominados “wearables” ou dispositivos electrónicos en prendas de vestir e complementos, tales como as gafas, pulseiras e reloxos intelixentes conectados Internet.

Tipo de contido: Novas

Ao redor de 1 de cada 4 empresas galegas utilizou as redes sociais en 2013. Un 25,6% das empresas galegas de 10 e máis empregados e o 26,4% das microempresas empregaron algunha rede social (Facebook, Linkedin, Google+, etc) durante o pasado ano para actividades de  marketing e a publicidade da propia empresa ou dos seus servizos e produtos. Estas porcentaxes son moi similares ás do conxunto do Estado, cunha diferenza de 3,5 puntos nas empresas de maior tamaño e practicamente co mesmo valor nas microempresas.

Tipo de contido: Novas