Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

"A Sociedade da Información nos fogares galegos". Edición 2016.

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170731_enquisa_fogares_2016.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

Os fogares con conexión a Internet incrementáronse un 10% no último ano
Valoración
(0votos)
31/07/2017
 
  • A dispoñibilidade de banda larga nos fogares con nenos en idade escolar obrigatoria ascende ata o 94%
  • Preto do 80% das vivendas da Comunidade teñen contratado este servizo, segundo o Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos” do OSIMGA
  • Seis de cada dez galegos empregan servizos da administración dixital situando á Comunidade por riba da media estatal e europea
  • Máis do 37% dos galegos compran a través de internet, superando a media do conxunto de Estado e de Europa
  • O crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea 
 
O 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte os 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea.
 
Así se desprende dos resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega.
 
Así, a dispoñibilidade de banda larga é superior nos fogares que contan con nenos en idade escolar obrigatoria onde roza o 94%, máis de 15 puntos porcentuais por riba de media autonómica. O número de persoas que viven no fogar novamente afecta de maneira positiva á contratación de Internet, superando o 90% de fogares con Internet contratado cando residen 3 ou máis persoas. En canto ás velocidades, un 22,3% dispoñen de conexión de 30Mbps ou máis.
 
Respecto ao hábitat todos os núcleos de entre 10.000 e máis de 50.000 habitantes superan a media galega de fogares conectados con porcentaxes de entre o 79 e o 84%. Ademais no último ano os núcleos máis pequenos experimentaron un crecemento signficativo. As poboacións de ata 5.000 habitantes pasaron dun 54,4% de fogares con banda larga a máis do 67%. No seguinte tramo de máis de 5.000 a 10.000 pasouse dun 65,3% a un 73,4%.
 
 
Uso das TIC
A  porcentaxe de usuarios de Internet nos últimos tres meses incrementouse en Galicia un 4,7% respecto ao ano anterior e sitúase no 74%. A menor idade, maior uso da Internet, acadando niveis de uso do 98,7% nas idades máis temperás. A comparativa entre Galicia e España amosa que, ata os 44 anos, Galicia converxeu coa media estatal e mesmo a supera lixeiramente entre os 16 e os 34 anos. Ademais, o estudo indica que estudantes, ocupados e con nivel formativo superior á etapa secundaria son os colectivos que máis utilizaron Internet nos últimos tres meses, con valores por riba do 95%.
 
O uso de Internet continúa a incrementarse en todos os tipos de hábitat analizados, estando especialmente estendido nos concellos de máis de 50.000 habitantes, onde supera amplamente a media galega e acada unha porcentaxe do 81,9%. Nos concellos máis pequenos (menos de 5.000 habitantes) achégase a case o 60%.
 
 
Os galegos superan a media estatal e europea no uso da eAdministración
A porcentaxe de internautas galegos que interactuaron coas Administracións Públicas para obter información (66,7%) é superior á porcentaxe acadada a nivel estatal e europeo, concretamente, a media autonómica supera en 8,6 puntos porcentuais á media estatal e en 16,7 puntos porcentuais á europea.
 
En canto á descarga de formularios, a media galega incrementouse nun 6,2% durante o 2016, acadando o 59,9%. O 65,4% das persoas que utilizaron Internet nos últimos 12 meses, utilizárono para enviar formularios cumprimentados ás Administracións Públicas, situándose novamente por riba das medias estatal e europea.
 
En relación ás compras a través da rede, un 37,2% dos internautas galegos mercaron a través de Internet nos últimos tres meses. A adquisición de bens ou servizos en Internet incrementouse nun 3,3% respecto aos datos do ano 2015.
 
 
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.gal.
 
Ligazóns

 

voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS