Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

"A Sociedade da Información nos fogares galegos". Edición 2016.

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170731_enquisa_fogares_2016.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

O Hipersector TIC galego rexistra en 2015 máis de 120 novas empresas
Valoración
(0votos)
19/03/2017
  • Galicia conta con 3.320 empresas deste ámbito, que empregan a 21.255 traballadores, a maior cifra dos 5 últimos anos
  • O hipersector TIC achega o 2,2% do PIB de Galicia e está integrado nun 73,4% por empresas do sector tecnolóxico e nun 26,6% por empresas do sector de contidos e servizos audiovisuais
  • As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia creceron un 26% nun ano, rexistrando 73 millóns de euros en 2015 fronte aos 57 millóns de euros de 2014
  • O investimento en I+D no hipersector TIC ascendeu a 41 millóns de euros no ano 2014, medrando un 13,1% respecto do ano 2013

 

O hipersector TIC galego concentra un total de 3.320 empresas e dá emprego a 21.255 persoas, o que sitúa a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área. Son as cifras que sinala o estudo sobre o hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
 
En 2015 rexistráronse 122 novas empresas do hipersector TIC o que supuxo un  crecemento do 3,4% e marcou un máximo no número de altas de novas entidades rexistradas desde 2011. Destaca, especialmente, o subsector TIC cun incremento do 4,5%, mentres que nas empresas do sector contidos o crecemento foi do 0,3%.
 
O hipersector TIC está integrado nun 73,4% por empresas do sector tecnolóxico e nun 26,6% por empresas do sector de contidos e servizos audiovisuais. A Comunidade galega ocupa a quinta posición en canto ao volume de empresas, só superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana, se ben, a estrutura empresarial do hipersector caracterízase pola presenza maioritaria de microempresas, así o 93,6% son empresas con menos de 10 empregados.
 
 
Recuperación do emprego
O emprego no hipersector TIC en Galicia experimenta un crecemento dende 2014, achegándose ata os 21.255 traballadores no ano 2016, a maior cifra dos 5 últimos anos.
O crecemento no emprego no último ano prodúcese tanto no subsector TIC (2,6%) como no de Contidos (2,2%). O subsector TIC emprega ao 75,7% do total dos traballadores/as do hipersector.
 
Atendendo ao réxime de cotización dos traballadores o 81,8% cotizan no Réxime Xeral e un 18,2% desenvolveu o seu traballo baixo o Réxime Especial de Autónomos no ano 2016, un 3,7% menos que en 2015.
 
 
Achega ao PIB galego e exportacións
Outra das contribucións do hipersector TIC de Galicia é o seu peso sobre o PIB galego, que se mantén ao redor do 2,2%, porcentaxe que se distribúe entre o 1,8% que representa o sector TIC e o 0,4% do sector Contidos.
 
As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia achegáronse no ano 2015 aos 73 millóns de euros, fronte aos 57 millóns de euros do ano 2014, o que representa un incremento do 26%.
 
O forte crecemento das exportacións do hipersector débese ao subsector TIC, que medrou un 28%. En concreto, as exportacións da actividade de fabricación de equipos de telecomunicacións representa o 60,6% do total das exportacións do hipersector TIC galego no ano 2015.
 
 
Aposta polo investimento en I+D
O estudo aborda tamén a innovación tecnolóxica na totalidade do tecido empresarial galego. Un total de 924 empresas galegas de 10 ou máis traballadores realizaron actividade innovadora no ano 2015.
 
O investimento en I+D no 2015 por parte das empresas galegas ascendeu a máis de 496 millóns de euros. Isto representa o 3,8% do total estatal, incrementándose progresivamente nos últimos dous anos. Galicia é a sétima Comunidade Autónoma que realiza un maior esforzo en gasto de I+D, que representa o 0,89% do seu PIB.
 
Centrándose especificamente no Hipersector TIC, o investimento en I+D ascendeu a 41 millóns de euros no ano 2014, medrando un 13,1% respecto do ano 2013.
 
 
Ligazón ao informe 


 

voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS