Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

A Mocidade e as TIC

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161127_mocidade_tic.html
3
DESTACADO

Diagnóstico "A Sociedade da Información nos fogares. Ano 2015"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160906_fogares_2015.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

A conexión a internet nos fogares galegos con nenos e estudantes roza o 90%
Valoración
(0votos)
27/11/2016
  • Supera en máis de 22,5 puntos aos fogares nos que non conviven nenos e mozos
  • O uso de Internet entre os mozos galegos de 16 a 34 anos é practicamente universal (96%)
  • No último ano os internautas deste tramo de idade incrementaronn o uso do comercio electrónico en dez puntos ata acadar o 45%
  • As principais razóns para non ter Internet nos fogares con nenos son os custos de conexión e os equipos mentres que nos fogares sen nenos non contratan Internet principalmente porque non perciben a súa utilidade
Ao redor do 90% dos fogares con nenos e/ou estudantes conta con acceso a Internet a través de banda larga. A contratación deste servizo é especialmente frecuente cando conviven estudantes maiores de 16 anos, superando en mais de 22 puntos porcentuais ao resto de fogares galegos.
 
Estes son algúns dos datos extraídos dunha nova edición do estudo temático “A mocidade e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
 
 
Impulso das habilidades dixitais a través dos máis novos
Tanto a convivencia con nenos como con estudantes maiores de 16 anos incrementa de forma notoria a dispoñibilidade de ordenador e ten unha influencia positiva na contratación de Internet. A presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a dispoñibilidade de Internet en 22,6 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos.
 
Os hábitos de uso das TIC tamén mostran datos e tendencias moi positivos cando falamos dos máis novos: O uso de ordenador nos últimos tres meses entre os mozos galegos acada ao 91,4% da mocidade galega e supera en 24,5 puntos porcentuais a media autonómica.
 
A convivencia con nenos en idade escolar tamén fomenta o uso do ordenador (80,5%), superando en 13,6 puntos á media xeral e en 18,5 puntos porcentuais aos fogares onde non conviven nenos.
 
O uso de Internet entre os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 34 anos é practicamente universal (96%). O comercio electrónico está a medrar moi rapidamente entre os internautas deste grupo de idade, acadando o 45% cun incremento de 10,6 puntos porcentuais no último ano.
 
O estudo constata unha diferenza xeracional considerable no que se refire aos trámites coa Administración a través de Internet. Os internautas galegos de 16 a 34 anos tamén optan, en maior medida, polo uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas, superando amplamente as porcentaxes que rexistran o resto de internautas.
 
 
Diferentes barreiras no uso das TIC segundo a convivencia con nenos
Existe unha clara correlación positiva entre a presenza de nenos e estudantes nos fogares e a actitude positiva cara as novas tecnoloxías. O principal argumento para no dispoñer de Internet nos fogares con nenos son os altos custos tanto de conexión (57,5%), como dos equipos (49%).
 
Nos fogares sen presenza de nenos, o principal motivo para non contratar Internet é a percepción de que non lles resulta útil nin interesante (68,7%). No caso de que no fogar residan mozos estudantes maiores de 16 anos, o motivo principal é que dispoñen de conexión noutro lugar (60,3%), seguido dos altos custos de conexión (51,3%).
 

 

Poden consultarse os datos deste informe en www.osimga.org.
 
Ligazón ao informe.
voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS