Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

"A Sociedade da Información nos fogares galegos". Edición 2016.

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170731_enquisa_fogares_2016.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

Galicia rexistra nun ano un incremento do 4% en empresas do sector TIC, que xeraron máis de 1.200 novos postos de traballo
Valoración
(0votos)
04/11/2016
  • O volume de negocio das empresas TIC galegas superou os 2.453 millóns de euros no ano 2015, un 2,4% máis que no ano 2014
  • O sector tecnolóxico galego emprega a 15.683 traballadores, o que supón un crecemento de case un 9% nun ano
  • O 48,7% das empresas TIC sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC
  • Duplicouse a porcentaxe de empresas TIC conectadas a Internet a través de fibra óptica aínda que a banda larga móbil xa ocupa un lugar privilexiado como tecnoloxía principal de acceso, acadando un 42,7%
  • Aumentando a porcentaxe de empresas TIC que teñen contratadas velocidades superiores a 100 Mbps, dun 30,7% a un 38,3%
 
 
O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.331, fronte ás 2.242 do ano anterior, o que representa un crecemento do 4% e mantén a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC. O sector TIC deu emprego a 15.683 traballadores/as, no ano 2015, o que supón un incremento do 8,9% no último ano. O 79,4% figuran inscritos no réxime xeral de cotización da Seguridade Social (12.446) e o 20,6% no réxime de traballadores/as autónomos/as (3.237). 
 
Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2016”.
 
 
Emprendemento e volume de negocio
O crecemento no volume de empresas TIC prodúcese, especialmente, nas empresas máis pequenas, o que pon de manifesto á tendencia ao emprendemento neste sector. Así, o 83,5% das empresas TIC galegas ten un máximo de dous empregados, 79 empresas máis que o rexistrado o ano anterior neste segmento empresarial.
 
O volume de negocio das empresas TIC galegas superou os 2.453 millóns de euros no ano 2015, cun aumento do 2,4% con respecto ao ano 2014. En relación ao peso do sector na economía galega, o estudo do OSIMGA indica que o valor engadido bruto (VEB) do sector TIC galego en 2014 superou os 1.015 millóns de euros, o 1,8% do PIB total de Galicia.
 
Por outra banda, o 25,9% das empresas TIC desenvolveu actividades relacionadas con I+D+i nos tres últimos anos. Destas, tres de cada catro obtivo resultados comercializables. Cabe salientar que o 18,7% das empresas TIC galegas colaboraron con outras empresas para realizar actividades de innovación.
 
 
Demanda de profesionais TIC  
O estudo pon de manifesto as dificultades que as empresas TIC galegas experimentan á hora de contratar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. O 48,7% sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa.
 
As empresas TIC galegas contan cunha maioría de profesionais TIC con formación universitaria ou especializada a través de ciclos formativos TIC. O 37,7% do persoal das empresas TIC posúe algún tipo de titulación de grao superior ou medio relacionada coas TIC. Os empregados con ciclos formativos TIC superiores ou medios é dun 27,3%.
 
 
Cara unha Internet ultrarrápida e á madurez tecnolóxica
A velocidade de conexión increméntase considerablemente respecto do último ano, aumentando a porcentaxe de empresas TIC que teñen contratadas velocidades superiores a 100 Mbps, dun 30,7% a un 38,3%.
 
Respecto ás tecnoloxías de conexión, a banda larga móbil xa ocupa un lugar privilexiado como tecnoloxía principal de acceso para un 42,7% das empresas TIC galegas. Non obstante, o dato máis salientable é que se duplicou a porcentaxe de empresas TIC conectadas a Internet a través de fibra óptica.
 
Aumenta a interacción das empresas TIC coas Administracións Públicas a través da Rede, pasando dun 61,7% no ano anterior a un 67,9% e continúa o aumento da sinatura dixital (52,3%), especialmente para relacionarse coas Administracións Públicas
 
 
Cloud Compunting, redes sociais e software para aplicacións móbiles
Un 42,2% das empresas TIC galegas emprega tecnoloxías Cloud, experimentando un incremento de 2,6 puntos porcentuais respecto á edición anterior. Tamén aumenta a presenza nas redes sociais das empresas TIC galegas, acadando o 39,2%.
 
Outra tendencia que se extrae do estudo do OSIMGA é o desenvolvemento de software para plataformas móbiles: Un 28% das empresas TIC ofreceron desenvolvementos específicos de software para plataformas móbiles, 2,8 puntos máis que no ano anterior, o que representa un 19,1% da súa cifra de negocio.
 
 
Aposta polo comercio electrónico e interese na formación
Tres de cada catro empresas TIC galegas realizaron compras de bens ou servizos a través do comercio electrónico e un 30,2% das empresas TIC galegas vendeu bens ou servizos a través do comercio electrónico durante o ano 2015. As vendas experimentaron un crecemento de 2,9 puntos porcentuais respecto ao ano anterior.
 
O peso das vendas a través de comercio electrónico nas empresas TIC galegas respecto ao volume de negocio das empresas TIC increméntase sensiblemente, achegándose ata o 43,9%, fronte ao 38,2% do ano anterior. Galicia e o resto de España son os principais destinos das vendas a través da Rede das empresas TIC galegas.
 
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio:  www.osimga.org
 
Ligazóns:
voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS