Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

A Mocidade e as TIC

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161127_mocidade_tic.html
3
DESTACADO

Diagnóstico "A Sociedade da Información nos fogares. Ano 2015"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160906_fogares_2015.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

Os fogares galegos con Internet de banda larga contratada superan o 70%
Os fogares galegos con Internet de banda larga contratada superan o 70%
Valoración
(0votos)
06/09/2016
  • Nos últimos catro anos a fenda en contratación de banda larga reduciuse 7,2 puntos coa media estatal e en 10,3 puntos coa media europea
  • O incremento máis importante rexistrouse nos concellos de menos de 10.000 habitantes, que concentran o 82% da poboación de Galicia
  • Entre 2012 e 2015 os municipios con menos de 5.000 aumentaron a porcentaxe de fogares con servizo de internet en máis dun 60% e no segmento de 5.000 a 10.000 habitantes en máis do 56%
  • Os concellos galegos con máis de 50.000 superan a media galega, estatal e europea cunha porcentaxe de contratación de internet do 80,4%
  • A contratación de internet a través de banda larga en fogares con nenos en idade escolar obrigatoria supera en 22,5 puntos porcentuais aos fogares sen rapaces
  • Sete de cada dez internautas galegos interactou coas Administracións Públicas a través de Internet, cun crecemento do 6,8% no último ano e superando a media estatal e europea
  • A porcentaxe de galegos que compra a través da rede segue medrando e sitúase no 36%

 

A contratación de Internet mediante banda larga en Galicia acada o 71,4% dos fogares, cun ritmo de crecemento superior á media estatal e europea. O crecemento porcentual de Galicia durante os anos 2012-2015 foi do 34,5% fronte ao 16,6% en España e ao 11,1% na Unión Europea.

Este incremento permitiu que en catro anos Galicia recortase en 7,2 puntos a fenda en contratación de banda larga coa media estatal e en 10,3 puntos coa media Así se desprende dos resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega.

 

Hábitat e outros factores influentes no uso das TIC
O incremento máis importante rexistrouse nos concellos de menos de 10.000 habitantes, que concentran o 82% da poboación de Galicia e nos que a fenda dixital era máis acusada.
Entre 2012 e 2015 os municipios con menos de 5.000 aumentaron a porcentaxe de fogares con internet en máis dun 60% e no segmento de 5.000 a 10.000 habitantes en máis do 56%. Os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes superan a media galega e no caso dos de máis de 50.000 superan a media galega, estatal e europea cunha porcentaxe de contratación de internet do 80,4%.

Ademais do hábitat o informe do OSIMGA constata que a presenza de nenos no fogar é directamente proporcional a maior uso das TIC. Así a contratación de internet a través de banda larga en fogares con nenos/as en idade escolar obrigatoria supera en 22,5 puntos porcentuais aos fogares sen nenos/as.

Respecto a uso de internet, a porcentaxe de persoas que usaron a rede nos últimos tres meses crece no último ano e sitúase no 70,7%. A idade é un factor determinante neste indicador, acadando niveis de uso do 98,2% no tramo de idade entre os galegos de 16 e 24 anos, nun valor moi similar ao do conxunto do estado (98,5%). Ata os 44 anos, Galicia converxe coa media estatal e mesmo a supera lixeiramente no tramo de idade de 25 a 34 anos. Nas idades comprendidas entre os 65 e 74 anos o uso de internet sitúase no 21%.

 

Os galegos superan a media estatal e europea no uso da eAdministración
Galicia sobresae na interacción coas AAPP a través de Internet, por riba da media estatal e europea. A interacción coas administracións públicas para a obtención dalgún tipo de información, foi do 69,1%, cun crecemento do 6,8% en Galicia no último ano. Ademais da evolución positiva deste indicador, Galicia supera a media estatal e europea, cunha vantaxe de 12,3 puntos respecto á España e respecto de Europa, de 20,1 puntos, cun crecemento positivo para o período 2012-2015 na nosa Comunidade dun 16,3%.

Outra interacción habitual coas administración públicas é a descarga de formularios a través de Internet durante os últimos 12 meses, que se incrementou nun 6,4% durante o 2015 en Galicia, acadando o 56,4%. Este indicador, tamén é máis elevado en Galicia que en España ou Europa, cunha vantaxe de 13,4 puntos porcentuais respecto de España, e de 22,4 puntos respecto de Europa. O crecemento no período 2012-2015 a nivel galego, foi do 18,2%.

O terceiro indicador de interacción coas administracións públicas a través de Internet referido ao envío de formularios cumprimentados segue a mesma tendencia positiva dos anteriores. Novamente a evolución do indicador resulta moito máis elevada a nivel galego (un 55,8%) que estatal (un 17,1%) ou europeo (14,3%) no período 2012-2015, o que sitúa a Galicia por riba da media estatal e europea. O envío de formularios cumprimentados é o segundo dos trámites máis realizados coas administracións públicas en Galicia, cun 63,4%.
A porcentaxe de internautas que compran a través de Internet nos tres últimos meses (36%) segue medrando, superando o valor rexistrado no ano anterior en 6,5 puntos porcentuais e cun crecemento relativo dun 22%.


Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.org
 

Informe completo

Resumo

 

voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS