Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

"A Sociedade da Información nos fogares galegos". Edición 2016.

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170731_enquisa_fogares_2016.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

O éxito das ferramentas web 2.0 provocaron que os internautas teñan cada vez máis presenza en Internet (blogues, videos, fotografías, etc.). A xestión dos múltiples perfís ou identidades dixitais non é unha tarefa doada. Compartir información na Rede significa en moitos casos perder o control e a propiedade sobre ela.

A última nota de Enter advirte que as facilidades da Rede tamén impoñen unhas condicións que antes non existían: todo o que se publica é persistente e non é sinxelo saber por onde viaxan os contidos. Calquera persoa do círculo máis próximo pode acceder ás fotos, opinións ou contidos doutra e copiar o que queira na súa zona persoal, que despois pode ser pública para outras persoas. Unha cadea de amigos pode levar estes contidos moi lonxe, e seguir circulando por Internet aínda que faga tempo que o autor orixinal se dera de baixa do servizo, borrando todos os seus contidos.

Comisión Europea indica que este tipo de páxinas web son un fenómeno social e económico que atrae a 41,7 millóns de usuarios regulares en Europa, e que está mudando o xeito de interactuar na Rede. Segundo datos comunitarios, o ano pasado o uso das redes sociais medrou un 35% en Europa, e a Comisión agarda que a cifra de usuarios se duplique até os 107,4 millóns para 2012.

Nielsen Online, vén de publicar un informe que indica que o acceso ás redes sociais nos Estados Unidos medrou un 83% nun ano. Este aumento responde á crecente popularidade de Facebook líder que posúe máis de 200 millóns de usuarios activos. A segunda rede social máis visitada do mundo é MySpace, malia que o seu número de visitas reduciuse un 31% aínda mantén o seu liderato no eido do video streaming. Séguenlle na lista Blogger, Tagged.com e Twitter. Os autores do informe advirten sobre a rapidez con que mudan as tendencias de consumo das redes sociais e a rapidez coa que algunhas destas ferramentas perden o favor do público.

Un informe de ComScore, publicado en febreiro deste ano anunciaba que 13,2 millóns de internautas do Estado español visitaron, como mínimo, unha rede social durante o mes de decembro de 2008. Unha cifra que representa un 73,7% da audiencia total de Internet no Estado español. Debido a que a media europea situábase daquela en torno ao 75%, esta cifra supón que España atópase entre os primeiros postos dos países que maior uso fan das redes sociais, cun crecemento próximo ao 11% con respecto a cifras de finais de 2007.

Segundo o recente Estudo sobre a privacidade dos datos persoais nas redes sociais online, realizado pola Axencia Española de Protección de datos ( AEPD) e o Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación ( INTECO), dependente do Ministerio de Industria, o 44,6% dos internautas españois, utiliza as redes sociais e sete de cada dez son menores de 35 anos, un 36,5% entre 15 e 24 anos e un 32,5% entre 25 e 34 anos.

Estas ferramentas son usadas maioritariamente para compartir ou subir fotos (70,9%), enviar mensaxes privadas (62,1%), comentar as fotos dos amigos (55%) e rexoubar (46,2%). O 43% dos usuarios de redes sociais ten configurado o seu perfil de forma que pode ser visto na Rede por calquera persoa, un dato relevante se se ten en conta que 272 millóns de persoas interactúan no mundo grazas a este medio e case 8 millóns en España.

Ademais, con frecuencia, as redes sociais solicitan aos novos usuarios datos relativos á súa ideoloxía política, orientación sexual e preferencia relixiosa, que poden ser visíbeis por todos os seus contactos e, dependendo da configuración do perfil, por todos os usuarios da Rede.

Os menores nas redes sociais
Un de cada tres menores de 18 anos é usuario de redes sociais e ademais, introduce nelas datos persoais que deixa ao descuberto porque non sabe protexer o seu perfil ou descoñece as consecuencias de non facer un bo uso da información nelas. Esta é unha das principais conclusións que se establecen no informe da Fundación Solventia sobre a "Privacidade do menor nas Redes Sociais"

Este informe sinala que os usuarios comezan a navegar xa á idade de oito anos, e que Fotolog, Tuenti, Facebook e Myspace son os máis visitados. Estas redes comprométense a non recabar ningún dato de menores de 13 anos e a impedir que estes rexistren como usuarios, pero o certo é que moitos se saltan a prohibición e aseguran que pertencen a estas redes.

Todos os enquisados para o estudo de INTECO de entre 14 e 16 anos manifestaron que son usuarios habituais destas plataformas nas que publican información persoal e familiar. A lexislación española establece claramente que a un menor de 14 anos non se lle pode recabar información persoal, polo que os titulares de redes sociais teñen a obriga legal de verificar de xeito dilixente a idade do usuario. A Axencia Española de Protección de Datos advirte que isto hoxe non se está cumprindo.

17 redes sociais asinaron este ano un convenio para incrementar a seguridade dos menores no uso dos seus servizos. O acordo ratificouse en Luxemburgo no marco do Día de Internet Seguro, organizado pola Comisión Europea, co compromiso destes sitios de informar á Comisión sobre as súas políticas de seguridade individuais.

blogs90

voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS