Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

"A Sociedade da Información nos fogares galegos". Edición 2016.

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170731_enquisa_fogares_2016.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

As ferramentas de participación social de Internet ofrecen servizos de comunicación que permiten a conexión das persoas usuarias coa xente da súa contorna. É por iso que, fronte a outro tipo de ferramentas, nas redes sociais son as propias persoas subscritoras quen introducen, manteñen e actualizan os contidos, atraendo a outros subscritores con gustos ou afeccións comúns. Este fenómeno de crecemento viral fixo que as comunidades da denominada Web 2.0. adquiriran unha repercusión enorme nos últimos meses e desde o OGSI non queremos despedirmos o ano sen ofrecer un pequeno balance.

O pasado mes de novembro Zed digital presentou o primeiro Estudio sobre los blogs y la publicidad en entornos 2.0. Este informe sinalaba que o 50% dos internautas do Estado declaran ser usuarios habituais das redes sociais, mentres que un 38% aínda que as coñece non as usa e un 12% non as coñece.

Os que mellor coñecen as denominadas redes sociais son fundamentalmente mozas/os de entre 16 e 30 anos, de clases altas e grandes núcleos urbanos. Teñen un equipamento tecnolóxico por riba da media e navegan máis que a media (máis de dúas horas ao día). Son consumidores activos de medios, Internet é o que máis lles entretén, especialmente as comunidades, e por esa razón miran menos a televisión que o resto de internautas.

Os principais obxectivos de uso das redes sociais, segundo este estudo, son a distracción, lecer e diversión. As persoas que utilizan as redes sociais, fano cando menos unha vez por semana. Conéctanse en maior medida á tarde/noite cando chegan á casa (46%), os fins de semana (40%) ou en calquera momento 38%

Ademais de relacionarse cos amigos, o 92% dos enquisados asegura coñecer e/ou utilizar sitios para ver, compartir e descargar videos, fotos e filmes (71%), un 67% coñecen e/ou utilizan comparativas de prezo, un 64% sitios Wikis, un 44% Blogues e un 11% Marcadores sociais.

Os usuarios están rexistrados nunha media de 2,67 redes, aínda que só utilizan 1,81 de media. A rede social máis utilizada é YouTube 82%, seguido de Emule 64%. Entre as páxinas Wikis, a líder con diferenza é Wikipedia 59%.

Cada vez é maior a importancia que cobra Internet, e concretamente os medios de participación social da Rede, á hora de escoller un produto de consumo. Segundo un estudo elaborado por Social Media e GFK, os blogues xa acumulan o triple de influenciadores (persoas que inflúen ca súa opinión na doutras persoas) que outros medios.

No ano que remata as ferramentas de participación social da Rede tamén foron obxecto da maior consideración no ámbito económico e empresarial. Cabe reseñar a aparición de The Socio-economic Impact of Social Computing, froito dunha investigación do Institute for Prospective Technological Studies ( IPTS), enmarcada no proyecto "Exploratory Research on Social Computing" (ERoSC). Este proxecto ten a finalidade de explorar o impacto socio-económico das redes sociais; a sustentabilidade das aplicacións (modelos de negocio e viabilidade); a posición relativa de Europa en termos de creación, uso e adopción de redes sociais; e as oportunidades que presentan para a investigación das políticas de innovación na Unión Europea.

The Cocktail Analysis no seu Observatorio sobre la Evolución de las Redes Sociales puxo de relevo en 2008 que non convén perder de vista a penetración doutros espazos de comunidade: conforme aos datos recolleitos foros (30% de internautas teñen conta activa en foros), blogues (14%) e sites de valoración de produto (17%), todos eles baseados no contido xerado polo usuario, presentan porcentaxes perfectamente comparábeis e até superiores ás redes sociais de máis uso.

Ademais, obsérvase que algunhas redes presentan considerables taxas de abandono, debido ao uso de estratexias de captación agresivas, unha progresiva especialización temática ou unha vez foron desatendidas polos medios.

Este estudo evidenciou tamén que a conversa nas redes sociais vira preferentemente ao redor das propias redes: o obxecto de comentario máis frecuente son as fotos, perfís e comentarios doutros usuarios (68%), seguido de comentarios sobre momentos de lecer (53%) e cousas que se están facendo nese preciso instante (51%).

Durante o ano 2008 algunhas análises afondaron sobre os riscos informáticos e económicos do uso masivo das ferramentas de participación social na Rede. En relación con isto, o Observatorio de la Seguridad de la Información de INTECO fixo pública este ano unha Guía Legal sobre redes sociales, menores de edad y privacidad en la Red coa que pretende informar ao cidadán sobre a natureza, finalidade, beneficios e riscos das redes sociais, así como a relevancia destas en campos como a privacidade e a intimidade das persoas.

Co obxectivo de analizar a explosión das novas redes sociais en Galiza, o OGSI xa publicara en 2007 o estudo monográfico O uso de Internet nas redes sociais de Galiza, realizado por María Yáñez e Berto Yáñez, dous especialistas na materia. Este traballo traza unha breve historia dos inicios do fenómeno no noso país.

voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS