Galego  | Castellano
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Novo estudo do OSIMGA: "Novos perfís profesionais dixitais en Galicia"

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20160805_novos_perfis_dixitais_galicia.html
2
DESTACADO

A Mocidade e as TIC

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161127_mocidade_tic.html
3
DESTACADO

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

 

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170531_balance_osimga.html
4
DESTACADO

Diagnóstico sobre as Empresas TIC de Galicia 2016

http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20161104_enquisa_empresas_tic_2016.html

DESTACADOS

Mar Pereira destaca que a Axenda Dixital de Galicia investiu máis de 324 millóns de euros entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social a través das TIC

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou onte que a Axenda Dixital de Galicia 2020 investiu máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social da Comunidade aplicando as vantaxes da tecnoloxía.

A responsable autonómica participou onte no I Encontro Red.es para a Cooperación Interterritorial en Servizos Públicos e Transformación Dixital, que se celebra na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Santander. Neste foro, Mar Pereira expuxo a experiencia de Galicia para impulsar a transformación dixital da economía na Comunidade.

Pereira destacou a posta en marcha en 2012 da Amtega como instrumento estratéxico e executivo para impulsar a modernización da administración pública e o desenvolvemento económico e social de Galicia. Desde a Axencia estase a desenvolver a segunda estratexia dixital do actual Goberno autonómico, a Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020) baixo un modelo de cooperación e participación continua de representantes do sector empresarial, do sector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.



Fonte: Amtega
voltar
Facebook Google+ Twitter LinkedIn Issuu
Amtega Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Logo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS