CeBIT 2011 (Hannover)

Fechas: 
De Martes, 1 Marzo, 2011 - 11:30 hasta Sábado, 5 Marzo, 2011 - 11:30

A feira internacional do sector TIC con maior repercusión no mundo. Esta cita anual desenvólvese en Hannover, Alemaña e na súa edición 2010 participaron 4.157 compañías expositoras de 68 países e recibiu aproximadamente 334.000 visitantes de 83 países.
O pavillón español estará distribuído en diferentes halls da feira para adecuarse ás necesidades das empresas, sempre que se conte cun mínimo de 50 metros cadrados de espazo ou ben 4 empresas expositoras. A caseta mínima para participar será de 10m2.
As empresas que desexen expor deberán porse en contacto co Departamento de Comercio Exterior de AETIC no teléfono 91 590 23 05 ou a través do correo comex@aetic.es.es onde se lles informará oportunamente das axudas concedidas tanto por ICEX-SETSI como a nivel autonómico, así como os gastos de participación na feira, dunha maneira máis individualizada.
 

Localización: 
Hannover